A Moexmu organiza un curso de manipulador de alimentos en Muimenta

TerraChaXa
A participación no curso é totalmente gratuíta, aínda que é necesario inscribirse previamente
cartel-manipulador-de-alimentos-cervo
29 Dec 2024

O sábado 18 de xaneiro, a casa da cultura de Muimenta será o escenario dun curso de formación en Hixiene Alimentaria e Manipulación de Alimentos, organizado pola Moexmu. A actividade desenvolverase en horario de mañá, entre as 09:30 e as 13:30 horas, e está especialmente dirixida a persoas interesadas en mellorar os seus coñecementos neste ámbito.

A participación no curso é totalmente gratuíta, aínda que é necesario inscribirse previamente. Para anotarse, as persoas interesadas deben dirixirse á Mercería Teresa de Muimenta.

Este curso ofrece unha excelente oportunidade para adquirir formación específica, especialmente útil no sector alimentario, garantindo así o cumprimento das normativas e a seguridade no manexo de alimentos.

0.1680588722229