A Moexmu presenta os carteis da edición deste ano
Igualmente ábrese o prazo para a reserva de stand e parcelas para os expositores, no enderezo moexmu@gmail.com ou no 982 504 002.
A comisión organizadora da XXXIX edición da Mostra Exposición de Muimenta, Moexmu, continúa coas súas reunións de traballo e xa ten o seu trazo máis distintito, os carteis anunciadores.
Paula Francos Anllo volveu a realizar o deseño dos carteis da Moexmu e do Concurso, Exposición e Poxa de Gando Selecto.
"Todos os órganos do corpo son importantes, pero o corazón é imprescindible para o ser humano, xa que sen el, sería imposible que o corpo funcionase correctamente e, por suposto, que puidésemos vivir", din dende a organización.
Ambos carteis forman ou representan un corazón, órgano que metafóricamente simboliza a importancia da Moexmu (corazón) para o sector (corpo), xa que sen a feira, o mundo das citas agrogandeiras non podería vivir.
No cartas da Moexmu o “corazón” está formado por elementos que nos podemos atopar na feira (artesanía, tractores, ferramenta agrícola, maquinaria agrogandeira….). Destancando a presenza dun elemento tecnolóxico, xa que o mundo agrogandeiro, como no resto dos sectores, cada día se está adaptando máis as novas tecnoloxías. Lembramos que vivir no rural, non é sinónimo de estar desconectado.
Mentras que con cartel do gando, o “corazón” está formado polo bo trato entre animais (vaca frisona e galega), e persoas, dando importancia ambas figuras, xa que tanto os animais, como os seus coidadores, son de vital importancia
Igualmente ábrese o prazo para a reserva de stand e parcelas para os expositores, no enderezo moexmu@gmail.com ou no 982 504 002.
Para apuntar as vacas e xatas para o concurso, debe facerse en Africor Lugo, no 982 250 714.
A data de celebración serán entre o venres 31 de marzo e o domingo 2 de abril do 2.023, e as edicións a celebrar son:
XXXIX edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu
XXXVII Concurso de Gando Frisón
XXXVII Exposición da Gando de Raza Rubia Galega
XXVII Poxa de Gando Selecto.