A Moexmu publica os carteis que oficializan a convocatoria da Feira en abril

TerraChaXa
A comisión organizadora da XL edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu continúa coas súas reunións de traballo.
carteis moemu 2024
5 Feb 2024

A comisión organizadora da XL edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu continúa coas súas reunións de traballo.

Paula Francos Anllo volveu a realizar o deseño dos carteis da Moexmu e do Concurso, Exposición e Poxa de Gando Selecto.

Os carteis desta edición tan especial para todos e todas é a celebración das corenta edicións da Moexmu: a gran festa do agro galego, a que toda a xente está convidada.

O cartel da Moexmu, a través de diferentes elementos festeiros e relacionados co mundo agrario e gandeiro, é unha homenaxe a todas as persoas que co seu traballo, grande ou pequeno, contribuíron e contribúen (e esperemos que contribúan no futuro) a que a Moexmu se convertese nunha cita consolidada no mundo agrario e gandeiro de Galicia.

Mentas que, no cartel do Concurso, Exposición e Poxa de Gando, partindo da mesma base que o cartel propio da Moexmu, destaca a figura dunha nena a cabalo dunha vaca coa que se representa o futuro destas tres actividades, focalizadas no concurso de xoves gandeiros (que se celebra o domingo pola maña) é que garante un futuro cheo de profesionalidade para o sector.

Igualmente ábrese o prazo para a reserva de stand e parcelas para os expositores, no enderezo moexmu@gmail.com ou no 982 504 002 (chamar preferiblemente polas tardes)

Para apuntar as vacas e xatas para o concurso, debe facerse en Africor Lugo, no 982 250 714.

A data de celebración serán entre o venres 5 de abril e o domingo 7 de abril do 2024, e as edicións a celebrar son a XL edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, o XXXVIII Concurso de Gando Frisón, a XXXVIII Exposición da Gando de Raza Rubia Galega e a XXVIII Poxa de Gando Selecto.

0.075569868087769