A Moexmu, que se presenta hoxe, recibirá o premio Milagrosistas do Ano

TerraChaXa
O acto de entrega terá lugar o 25 de abril no restaurante Manuel Manuel de Lugo ás 20:30 horas
comisiones-feiras-moexmu-muimenta
31 Mar 2025

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais de A Milagrosa celebrará o vindeiro 25 de abril a súa tradicional gala Milagrosistas do Ano, na que se recoñecerá a labor das comisións organizadoras da Mostra Exposición Moexmu de Muimenta.

Este galardón chega no 40º aniversario desta veterana feira multisectorial, destacando a súa traxectoria "en beneficio da vida rural" e o seu impacto tanto en Muimenta como no conxunto da provincia.

O acto de entrega terá lugar no restaurante Manuel Manuel de Lugo ás 20:30 horas. Está prevista a asistencia do coordinador da Moexmu, José Manuel Rus, acompañado dunha representación das seis comisións organizadoras, previsiblemente cos seus respectivos presidentes.

Por outra banda, o programa da Moexmu, que se celebra a próxima fin de semana, terá a súa presentación oficial este luns, pola tarde, no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta.

⚙ Configurar cookies
0.85653114318848