A Moexmu recibe a resolución do Pleno de apoio a súa declaración de interese turístico
TerraChaXa
O alcalde de Cospeito, Armando Castosa, fíxo entrega da resolución aprobada por unanimidade do pleno do Concello de Cospeito (integrado polo PP e polo PSOE) o pasado 21 de marzo, onde se manifesta o apoio total e absoluto da Administración Local para que a Moexmu poida acadar o título de Festa de Interese Turístico de Galicia.
4 Abr 2024

Este expediente está moi avanzado, e a comisión organizadora espera presentalo nas vindeiras semanas, unha vez finalizada a celebración deste ano.
Por outra banda, hoxe, xoves 4 de abril, finaliza o prazo para poder apuntarse ao Concurso de Can de Palleiro, organizado
conxuntamente co club de Can de Palleiro. Pode facer chamando ao teléfono 604 074 618 ou no correo candepalleiro@clubcandepalleiro.com.