A Moexmu, recoñecida pola Federación de Asociacións de Veciños de Lugo

TerraChaXa
A Federación de Asociacións de Veciños da provincia de Lugo acordou na súa Asamblea Xeral de conceder unha das "V, de Veciño Exemplar" na súa XXII edición
moexmu-202410
13 Ago 2024

A Federación de Asociacións de Veciños da provincia de Lugo acordou na súa Asamblea Xeral de conceder unha das "V, de Veciño Exemplar" na súa XXII edición á MOEXMU. A entrega da mesma, terá lugar o vindeiro 20 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos da capital de provincia.

Dende a Federación quixeron respaldar o traballo que ao longo desta corenta edicións é levado a cabo pola veciñanza de Muimenta a través dos seus empresarios e empresarias, en especial, a prol do noso rural, grazas, sobre todo, á organización do único concurso de gando que se mantén na provincia de Lugo, unha das actividades máis destacadas dentro do amplo programa que ten lugar no pobo, o primeiro fin de semana do mes de abril.

O pasado mes de marzo, a MOEXMU recolleu o XXIV Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, concedido por este grupo empresarial en colaboración coa U.S.C.. Igualmente, o pasado mes de xuño, presentou o dossier, ante a Axencia de Turismo de Galicia, para acadar o Título de Festa de Interese Turístico de Galicia.

0.15265297889709