A Moexmu rende un recoñecemento a cinco presidentes e dous xerentes de Africor

TerraChaXa
Este martes, 22 de outubro, fíxose o propio con Acruga nas súas oficinas da capital lucense
aniversario-moexmu-homenaxe-comisions
25 Out 2024

Este sábado, 26 de outubro, ás 13:00 horas, terá lugar nas oficinas do Recinto Feiral Manuel Vila López de Muimenta, un acto de recoñecemento aos cinco presidentes e aos dous xerentes de Africor Lugo dende a súa creación no ano 1992, e que colaboraron coa organización do Concurso de Gando Frisón e Poxa de Gando Selecto que se celebran xunto a Mostra Exposición de Muimenta.

Trátase de Antonio Fernández Fernández (presidente dende 1992 ao 1996), José Aquilino Rodríguez López  (1996 a 2004), José Manuel López Tellado (2004 a 2012), José Carlos Vega Rodríguez (2012 a 2020) e Manuel Sandamil Cabana (presidente dende o 2020). Tamén reciben a distinción Ramiro Fouz Dopacio (xerente dende 1996 ao 2020) e Fernando Rodríguez Gandoy (xerente dende o 2020).

Con este acto, preténdese agradecer á Asociación Provincial de Gandeiros para o control de rendementos da provincia de Lugo, o traballo e colaboración que ao longo destas edicións da Moexmu mantiveron cos empresarios e empresarias de Muimenta, e que contribuíron, co seu traballo e esforzo, a consolidar a Mostra de Muimenta como un dos referentes do sector agrogandeiro e das feiras multisectoriais de Galicia.

Este martes, 22 de outubro, fíxose o propio con Acruga, a asociación nacional de criadores gando vacún frisón, nas súas oficinas da capital lucense, en agradecemento á colaboración que se mantén na organización da Exposición de Raza Rubia Galega.

Este acto está enmarcado dentro das actividades que se están a levar a cabo con motivo dos corenta anos de vida da Moexmu.

A XLI edición terá lugar os vindeiros 4, 5 e 6 de abril do 2025.

0.19617414474487