A Moexmu renderá unha homenaxe aos membros de todas as comisións organizadoras da feira
O vindeiro sábado, 21 de setembro, ás 16:30 horas, terá lugar no pavillón do recinto feiral Manuel Vila López de Muimenta, un acto de homenaxe ao centenar de persoas que, desde 1985, organizaron a Mostra Exposición de Muimenta.
Con este acto, preténdese agradecer a esos homes e mulleres que ao longo destas corenta edicións da Moexmu a puxeron en marcha e a consolidaron como un dos referentes do sector agrogandeiro e das feiras multisectoriais de Galicia.
Ao longo destes días de agosto, os presidentes en exercicio de cada comisión, están avisando aos integrantes de cada unha delas e a xerencia aos fundadores da Moexmu para a xuntanza do vindeiro día 21.
Este acto, xunto a outros que se poidan levar a cabo, están enmarcados nos corenta anos de vida da Moexmu.
A XLI edición terá lugar os vindeiros 4, 5 e 6 de abril do 2025.