Viveiro vivirá medio mes en festas, coa Mostra Folclórica e os concertos de Coti e Sito Sedes

TerraChaXa | AMariñaXa
1 Ago 2019

O xoves 1 de agosto comeza a mostra folclórica infantil de Viveiro ás 20.30 horas na Praza Maior nunha xornada que coincide coa segunda edición do Beer Veiro Fest, o festival da cervexa artesá, que terá lugar nos xardíns de Noriega Varela, do mediodía á noite, que continuará o venres, o sábado e domingo.
O venres 2 agosto, na Praza Maior, Bágoas da Terra ofrecerá un concerto folk e o sábado, polas rúas, despregarase o denominado desfile das nacións, ás 12, se ben á noite, ás 22.00 horas, a mesma praza albergará o espectáculo 'Arxentina', a cargo do gran ballet deste país.
O domingo 4, na mesma praza vivariense terá lugar a gran gala internacional da 61 edición da Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, ás 20.30 horas.
A gran cita continúa o luns, ás oito da tarde, na praza da Fontenova, con espectáculo infantil a cargo de Raquel Queizás. Eu son Band actuarán o mércores ás oito e media no mesmo lugar e o xoves, Los Indecisos ofrecerán un concerto na Praza Maior ás 00.00 horas despois da carreira popular nocturna, que leva o nome do atléta vivariense Adrián Ben.
O venres 9 de agosto, nos xardíns de Noriega Varela, inaugurarase a trixésimo sexta edición da Feira de Artesanía ás sete da tarde e ás dez da noite, na Praza Maior, a banda municipal de música actuará baixo a batuta de Isabel Rubio.
O sábado 10, os xigantes e cabezudos percorrerán as rúas acompañados da agrupación vivariense Bágoas da Terra e pouco despois, en torno ás 13.30, desfilarán as Pandereiteiras sen Fronteiras. Magín Blanco e a banda das apertas ofrecerá un concerto na Praza Maior ás 19.00 horas e ás 22.00, no mesmo lugar, actuará Carlos Bau e despois relevaráo a disco móbil Mafer.
Continúa a Mostra o domingo 11 cun pasarrúas, un deles chamado 'Espera que vou mexar', antes do festival de corais das 21.00 horas. Seguirán os desfiles polas rúas pero o luns 12 haberá unha proxección fotográfica '60 minutos en negativo' a cargo de Os Negativos.
O martes 13, o Pastor Díaz acollerá unha actuación do grupo Aspanane ás oito e media e ás 23 horas, na Praza Maior, haberá un concerto de música cubana con Timbabana.
O mércores, se inauguran as festas patronais ás 12.00 horas co izado das bandeiras coa banda municipal e a de Tui. Xa ás 19.00 horas, os xardíns de Noriega Varela albergarán a inauguración da Feira do Libro e se sucederán pola tarde e pola noite os concertos de Caxade e de Ipod.
Na semana final do festival, o xoves 15, ás 13.00 horas, haberá un concerto da banda de música na praza da Fontenova, antes de que o grupo América de Vigo actúe ás 22.00 horas nos xardíns Noriega Varela. Será ás 23 horas o turno de Coti na Praza Maior e de novo o grupo América para rematar a xornada.
A asociación cultural A Rebolaxe amenizará a mañá do venres 16 de agosto para desfrutar á noite do concerto na Praza Maior de Garufa Blue Devils Big Band e Sito Sedes. Os fotos de artificio da medianoite farán as delicias dos presentes e despois tocará a orquestra Nueva Fuerza.
O sábado 17 chega o turno do pasarrúas da banda naval de cornetas e tambores de Viveiro, as 13 horas, xusto antes de que ás 18 horas As Nogueiras ofrezan sardiñada, amenizada pola escola de gaitas 'Cacharela' de Covas. O grupo Sons de Celeiro porá a guinda ao pastel musical desa xornada.
O domingo 18 a Banda da Misericordia percorrerá as rúas a partir da mañá e o grupo Andanzas presentará no Pastor Díaz a obra 'Teatro de Humor', antes de que á noite actúe Escola de Meus. Para rematar estas semanas festivas en Viveiro, o luns 19 de agosto, os xardíns de Noriega Varela acollerán o día do neno.
 
 
 

0.182785987854