A mostra itinerante Imaxes do Nadal abre en Castro
O Grupo Fonmiñá, coa colaboración do Colectivo Egeria, expón no centro sociocultural de Castro a mostra Imaxes do Nadal. Esta mostra está organizada polo centro cultural José Domínguez Guizán dentro dos actos do Belén de Begonte, e co apio do Concello de Castro de Rei.
A mostra estará aberta ata o 2 de xaneiro, cando se trasladará a Friol.
Está conformada por un total de 40 fotografías relacionadas con temas do Nadal e que foron realizadas por nove membros do Grupo Fonmiñá. Así, poden verse obras de Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Fernando Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, Toñi Fernández Ónega, José Manuel Guisasola, Gerardo L. Méndez e Higinio Flores.
Na inauguración participaron os alumnos dos cursos superiores do colexio Veleiro Docampo de Castro, con profesorado do centro, e o seu director, Xoan Xosé Valiño; o Alcalde Castro de Rei, Francisco Xosé Balado; os fotógrafos Eduardo Ochoa e Gerardo López Méndez, e o Presidente de Fonmiñá e Egeria, Xulio Xiz, que comentaron cos alumnos asistentes as carcterísticas das fotografías, e as diversas visións do Nadal por parte dos fotógrafos participantes.