A música dos 80 encherá a praza de Baamonde para o inicio das festas

TerraChaXa
O Concello de Begonte en colaboración coa Xunta e o Xacobeo 21-22 trae ós Gin Toni's, que actuarán o venres 9 na praza de Baamonde.
CONCERTO GIN TONIS BAAMONDE PORTADA
5 sep 2022

O Concello de Begonte en colaboración coa Xunta de Galicia e o Xacobeo 21-22 trae ós Gin Toni's, que actuarán o venres 9 de setembro a partir das 22.30 horas na praza de Baamonde para abrir as súas festas patronais na honra da Virxe do Rosario.

Os Gin Toni’s é unha Banda divertida, apaixoada e elegante que cada noite consegue unha incrible conexión co público nos seus concertos .

Nesta actuación faránnos viaxar polas versións dos mellores temas do Pop Rock español, dende os 80 ata a actualidade (Seguridad Social, Rebeldes, Revolver, El Ultimo de la Fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Los Refrescos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total, Rosendo, La Frontera, Coque Malla, Jarabe de Palo, Hombres G, Alaska, Miguel Bosé, Los Suaves, Tequila...).

Trala actuación de Gin Toni's terá lugar a verbena a cargo do grupo Beatriz.

O sábado as festas iniciaranse co pasacalles co grupo de gaitas Cuarteto Xuvenil Bagoas da Terra a partir das 12.00 horas. A continuación terá lugar a misa maior e a actuación en sesión vermú do trío Sintonía.

Este mesko será o encargado da verbena, ás 23.00 horas, xunto a Grupo Pasión.

As restas rematarán o domingo 11 coa misa maior dende as 13.30 horas e a actuación da orquestra Trébol en dobre sesión ao mediodía e á noite.

Consulta toda a programación neste enlace.

CONCERTO GIN TONIS BAAMONDE
0.18332600593567