A narración oral chega este sábado a Rábade cun espectáculo de Ítaca Teatro

LugoXa | TerraChaXa
Porá en escena ás 20.00 horas o seu espectáculo 'Anacos'
anacos-itaca-teatro
27 sep 2024

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega en setembro obras de teatro a diferentes puntos da provincia co Ciclo de Teatro Prefesional impulsado pola área de Cultura que botou a andar o pasado mes de xuño e que este ano inclúe 59 representacións de 14 compañías por toda a provincia.

Así, este sábado, 28 de setembro, ás 20.00 horas, no centro sociocultural de Rábade, Ítaca Teatro porá en escena o seu espectáculo Anacos.

Trátase dunha sesión de narración oral para público mozo e adulto. Historias vividas, escoitadas ou simplemente construídas no imaxinario do cotiá). As lembranzas van aparecendo nas nosas vidas sen pedir permiso. Un cheiro, un sabor, unha foto, os primeiros acordes dunha canción ou mesmo o silencio dunha tarde, calquera tarde, invádenos e convídanos a viaxa pola memoria. Así, pouco a pouco, van agromando imaxes que nos levan a outros tempos vividos e fannos andar por camiños xa transitados. Cando estamos en soidade adoitamos gozalos, saboreando eses instantes que flotan no aire e se instalan na alma. Cando estamos en compañía tratamos de reconstruílos con palabras para compartir as historias que se gardan neses anacos.

0.21774697303772