A Nocturna de San Ramón será este ano o 14 de setembro
Vilalba será escenario o sábado 14 de setembro da sexta edición da Nocturna de San Ramón, organizada polo Club Atletismo Vilalba coa colaboración do Concello de Vilalba. A proba terá chegada e saída á praza da Igrexa.
As carreiras comezarán ás 19.00 horas coas diferentes categorías infantís e xuveniles.
A proba sénior, de cinco quilómetros dará comezo ás 21.00 horas e haberá tamén a esa hora unha andaina de tres quilómetros.
As incricións están abertas ata o 8 de setembro e poden realizarse en www.championchipnorte.com.
As persoas interesadas en participar na andaina poden facelo telematicamente ou presencialmente, o propio día da Nocturna de San Ramón desde as 17.00 ata as 20.00 horas na praza de Sta. María.
As inscrición teñen un prezo de 6 euros para a carreira absoluta e 1 euro para a andaina. Os atletas infantís non pagan.
Haberá premio económico para os tres primeiros clasificados da absoluta e trofeos tamén para os tres primeiros das probas infantís a partir de sub 10.