A nova alcaldesa de Guitiriz ten distribuídas as tarefas
TerraChaXa
A nova alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, aprobou xa a nova distribución de tarefas ao fronte do concello.
26 Jun 2019
A nova alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, aprobou xa a nova distribución de tarefas ao fronte do concello. Será ela a que teña unha das tres dedicacións exclusivas das que poden dispoñer mentres que non teñen claro aínda como repartirán o resto.
Paula Campo será a primeira tenente de alcalde e se ocupará das concellerías de Medio Rural e Medio Ambiente. Carlos Buján terá ao seu cargo as de coordinación, obras e servizos nas parroquias; Laura Ageitos se ocupará de Benestar Social en exclusiva. Iván Morao levará directamente a área de deporte e xuventude mentres que a de Cultura será para Ainara Pérez. Finalmente Pilar Vázquez terá ao seu cargo Turismo.
Urbanimo, persoal e recursos humanos quedan para a alcaldesa.