A nova asociación Afouteza de Abadín convoca un taller sobre alimentación na infancia

TerraChaXa
Será este venres, ás 16.00 horas, no salón de actos da casa consistorial
taller-alimentacion-infancia-abadin
Cartel sobre o taller
13 Xuño 2024

O concello de Abadín viu nacer estes días unha nova asociación, Afoureza, que xa convocou a primeira das súas actividades.

Trátase dun curso sobre a Alimentación na infancia, no que aprenderanse prácticas que fomentan o consumo de alimentos saudables e propicios durante a infancia. Falarase de temas como a lactancia, a alimentación complementaria, os alimentos prohibidos, as alerxias e intolerancias, o sobrepeso e obesidade infantil, como actuar cando non queren comer, etc.

A sesión desenvolverase no salón de actos do concello de Abadín, este venres, 14 de xuño, entre as 16.00 e as 21.00 horas. Estará impartido por Noelia Goás Gómez.

Para anotarse pódese facelo a través dos teléfonos de contacto ou das redes sociais, nos telefónos 619 331 655 ou 650 130 981 xa que hai plazas limitadas.

0.1326699256897