A nova comisión da Moexmu abre as inscricións para a cita de abril

TerraChaXa
A Mostra terá lugar os días 4, 5 e 6 de abril no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta
comision-moexmu-2025
4 Feb 2025

A comisión organizadora da XLI edición da Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, continúa coas súas reunións de traballo e ultimando o programa de actividades para os vindeiros 4, 5 e 6 de abril.

O pasado sábado, día 1 de febreiro, abriuse o prazo para a reserva de stands e parcelas para os diferentes expositores. Poden realizarse no enderezo electrónico moexmu@gmail.com ou no teléfono 982 504 002 (chamar preferiblemente polas tardes)

Tamén se abriu o prazo para inscrición do gando e ganderías para as actividades englobadas no Concurso, Exposición e Poxa de Gando, para o cal ten que poñerse en contacto con Africor Lugo (982 250 714).

E igualmente, tamén se abriu o prazo para apuntarse para o VII Monográfico de Can de Palleiro que continuará no programa de actividades que ten lugar no Recinto Feiral Manuel Vila de Muimenta, ubicándose, na tarde do domingo 6 de abril. O mesmo é puntuable para o XXX edición do Trofeo de Can de Palleiro do Ano 2025 en Galicia (candepalleiro@clubcandepalleiro.com)

A data de celebración serán entre o venres 4 de abril e o domingo 6 de abril do 2025 e as edicións a celebrar son a XLI Mostra Exposición de Muimenta – Moexmu, o XXXIX Concurso de Gando Frisón, a XXXIX Exposición da Gando de Raza Rubia Galega, a XXIX Poxa de Gando Selecto, o XXIV Concurso de Xóvenes Manexadores, o IV Concurso de Xóvenes Peladores e o VII Monográfico de Can de Palleiro.

0.15113091468811