A nova oficina de Turismo de Vilalba rexistrou un total de 1.900 consultas desde a súa apertura

TerraChaXa
A oficina de turismo de Vilalba, ubicada na céntrica Casa da Cultura de Vilalba, púxose en funcionamento a finais do mes de marzo, coincidindo coa Semana Santa.
BOLA
12 sep 2018

A oficina de turismo de Vilalba, ubicada na céntrica Casa da Cultura de Vilalba, púxose en funcionamento a finais do mes de marzo, coincidindo coa Semana Santa. Dende a súa apertura xa superou as 1.900 consultas e agárdase que a cifra se sega incrementando nos vindeiros meses.

A maior afluencia turística produciuse principalmente na época estival, coincidindo co período vacacional escolar. Concretamente, foi no mes de agosto cando se rexistrou o maior cifra de visitantes, producíndose o maior número de desplazamentos e pernoctas durante as festas patronais da vila.

Cabe sinalar que a oficina leva poucos meses en funcionamento, polo que aínda se está dando a coñecer o servizo entre os usuarios e prevese que as consultas segan en aumento. Por outra banda, as persoas que se achegan ata a oficina tan só reflicten unha pequena porcentaxe do turismo que se achega ata o municipio, pois moitos repiten destino e xa coñecen a zona, polo que non necesitan do servizo de información turística.

PROCEDENCIA. En canto á orixe dos visitantes, na súa maioría trátase de turismo nacional (77% do total dos visitantes) dos cales, desglosando por comunidades autónomas, un elevado porcentaxe proveñen de diferentes puntos de Galicia (25%) seguidos de Madrid con un 24%, Asturias (11%) e País Vasco (9%). Segundo constan nos datos da oficina xa se rexistraron visitantes procedentes de todalas comunidades autónomas. En canto ó turismo internacional, chegaronse a contabilizar demandas de información por parte de viaxeiros de 33 países.

O 21% do total de visitantes parte de países europeos, posicionandose á cabeza países como Alemania, Francia, Italia e Portugal aínda que a procendencia é moi variada (Bielorrusia, Letonia, Bulgaria, Finlandia, Polonia, Eslovaquia, etc.) O 2% restante corresponde ao turismo internacional dos demais continentes atopando visitantes de múltiples nacionalidades (australianos, xaponeses, canadienses, rusos, coreanos, chilenos, estadounidenses, etc.).

Segundo os datos estadísticos obtidos na oficina de turismo, case a metade dos visitantes son peregrinos (46%) polo que, sen dúbida o Camiño Norte constitúe un dos principais reclamos.

Por outra banda, en relación ás pernoctas, o 65% dos usuarios que pasaron pola oficina de turismo aloxáronse no municipio. Ademáis do Camiño, moitas pernoctas son motivadas pola excelente ubicación do municipio, moi próximo á costa e as principais cidades do Norte de Galicia, así como polos recursos, eventos e servizos da vila.

TEMÁTICA. O que máis demandan os visitantes na oficina de turismo é o plano da vila así como información completa sobre o Camiño Norte. Entre as consultas máis habituais sobre os recursos turísticos do municipio destacan as relacionadas coa Torre dos Andrade, o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba e a Ruta Arqueolóxica que o mesmo museo promove en colaboración co concello. O turismo tamén amosa grande interese na gastronomía, as festas e feiras, o parque acuático, os distintos servizos (aloxamentos, restaurantes, transporte público), rutas en coche polo municipio, a comarca e destinos próximos, etc.

0.15980291366577