A Nova Poesía Guitírica e a Lareira de Soños convocan a IV edición do Certame Vilariñas

TerraChaXa
A Nova Poesía Guitírica e a Lareira de Soños convocan a IV edición do Certame Vilariñas no que poden participar todos os escritores/as que queiran.
Anotación 2020 02 07 190007
12 Feb 2020

A Nova Poesía Guitírica e a Lareira de Soños convocan a IV edición do Certame Vilariñas no que poden participar todos os escritores/as que queiran. A participación neste concurso é completamente de balde.

Os micropoemas presentados ao concurso serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. Os autores son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.

A temática será libre e cada participante poderá enviar un máximo de un micropoema que debe estar escrito en galego en calquera das normativas ou en portugués e presentarase ao concurso a través do correo electrónico dosvilares@gmail.com ou npggazeta@gmail.com en formato Word e coa referencia de Certame Vilariñas 2020 no título do correo. Cada vilariña terá o nome ou o alcume do autor. Tamén no correo deben figurar os datos de contacto d@ autor/a co nome completo e un número de contacto.

Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluír o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de un micropoema a concurso e cada un deles será xulgado individualizadamente por un xurado composto por poetas da NPG Nova Poesia Guitirica. A organización non correxirá nin modificará os textos dos poemas. Poderán cada un deles ir acompañado de imaxe se así o quixese o autor.
Admitiranse obras desde o 15 de febreiro até o día 30 de marzo arzo de 2020, ás 23.59 horas.

A organización do concurso resérvase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respecto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.

O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contido do poema. Os integrantes da NPG só poderán colaborar quedando sempre fóra de concurso, por formaren parte do xurado e do grupo poético organizador. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños, e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.

Os micropoemas participantes, integrarán unha antoloxía, e entre eles escollerase aos tres gañadores do premio que consistirá no trofeo Vilariña deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla e edición das obras presentadas na web poético-literaria http://npggazeta.gal e outros soportes dixitais.

A edición da antoloxía na web poética será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético público cos premiados e poetas convidados.

Polo feito de participar, os premiados autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos e dixitais que considere oportunos.

0.14944195747375