A nova vía de Galdín, en Cervo, está executada ao 80%

TerraChaXa | AMariñaXa
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo agradecerlles á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e ao delegado territorial da Xunta de Galicia, José Manuel Balseiro, a súa visita a Cervo para supervisar o avance das obras do nova vía de Galdín, ubicada entre a Avenida Bellavista e a Avenida da Veiga, que xa está executada ao 80%.
23 Xuño 2019

O rexedor destacou que se trata dunha obra importantísima para este Concello, nomeadamente para o núcleo de San Ciprián, e quixo incidir no agradecemento á Administración Autonómica que "en todo momento ofreceu todas as facilidades para poder materializar este proxecto  para o que destina máis de 600.000 euros permitíndonos así facer realidade esta nova infraestrutura “que será unha alternativa de entrada e saída da vila, que aliviará moito o tráfico, ao tempo que permitirá incrementar a seguridade dos viandantes que transiten pola zona".
Esta rúa terá unha lonxitude de 350 metros e unha anchura de 12 metros que favorecerá o dobre sentido da circulación. Están plantexados aparcadoiros e beirarrúas a ámbolos dous lados da calzada e dúas glorietas -unha fronte ao centro de saúde e outra na zona de Galdín-; ademais da incorporación de nova iluminación e da dotación de servizos de saneamento e recollida de pluviais.

0.065946102142334