A obra de teatro 'Golpes' chega a Alfoz
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
Dentro das accións de sensibilización social contra as violencias que está a levar a cabo o Concello de Alfoz, o domingo 1 de decembro, ás 19.
29 Nov 2019
Dentro das accións de sensibilización social contra as violencias que está a levar a cabo o Concello de Alfoz, o domingo 1 de decembro, ás 19.00 horas, no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Alfoz terá lugar a representación teatral de Golpes, protagonizada por Estíbaliz Veiga, actriz natural de Barreiros.
O bra trata sobre Pamela, unha rapaza que recibiu moitos Golpes, pero o máis grande foi verse a si mesma mudada noutra persoa, por iso quere compartir as súas experiencias vitais, para que ningunha outra muller pase por onde foi golpeada...