A obra de teatro Tabú chega este sábado a Guitiriz

TerraChaXa
Tabú, a obra de teatro de Carmen Conde e Tarabela Creativa, chega este sábado a Guitiriz, cunha sesión gratuíta.
Cartel Guitiriz_tabu_taeatro protada
21 Apr 2022

Este sábado, 23 de abril, a Casa Habanera do Concello de Guitiriz acollerá a representación teatral Tabú, obra de Carmen Conde e da compañía Tarabela Creativa, que conta con música ao vivo de Nastasia Zürcher.

A entrada é gratuíta ata completar aforo polo que rógase ás persoas interesadas en acudir que vaian con certo tempo de antelación para evitar colas.

Tabú é o espectáculo de Carmen Conde, que nace froito das conversas recollidas con mulleres de entre 70 e 95 anos no Valmiñor, o Morrazo, o Courel, a Mariña Lucense, a Costa da Morte e o Couto Mixto sobre a súa vida erótica e sexual de xuventude.

Un show de narración oral coa misión de transmitir as historias de confusión, segredismo, amor, picaresca e sexualidade (a máis cruel e a máis desexada) das mulleres que son cimento da nosa terra, as que poden explicar o que somos agora nós: fillas do Tabú. Un tendal para poñer ó clareo todas as intimidades.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17009401321411