A obra 'Invisibles' representarase o 27 de abril en Guitiriz

TerraChaXa
A Escola Habanera de Guitiriz acollerá o sábado 27 de abril, ás 20:30 horas, a obra de teatro Invisibles, actividade incluída dentro do programa de actos da programación municipal Guiados por Rosalía e Díaz Castro: tempo de lecer en familia.
A obra 'Invisibles' representarase o 27 de abril en Guitiriz
4 Abr 2019

A Escola Habanera de Guitiriz acollerá o sábado 27 de abril, ás 20:30 horas, a obra de teatro Invisibles, actividade incluída dentro do programa de actos da programación municipal Guiados por Rosalía e Díaz Castro: tempo de lecer en familia. A entrada a esta obra é gratuíta.

Invisibles é un espectáculo creado a partir da novela homónima de Montse Fajardo, que presenta ante o público diversas historias cun fío común entre elas: A violencia de xénero.

O seu interese reside na exposición de historias reais protagonizadas por mulleres galegas, historias sobre malos tratos, algunhas delas xa coñecidas polo público pola súa repercusión mediática.

A pretensión fundamental desta peza é sensibilizar aos espectadores sobre a violencia de xénero. Esta destinado para maiores de 12 anos, debido ao contido dalgunha das situacións que se presentan no mesmo. É un espectáculo para público adulto pero que tamén ten un gran interese para o público adolescente, xa que é precisamente nese rango de idade no que rematan de formar as súas personalidades e no que comezan as súas primeiras relacións de parella. É o momento no que coñecer este tipo de situación pódelle levar a construír unha relación máis san e a asentar as relacións das súas futuras relacións.

Con este espectáculo preséntanse dúas grandes reflexións, a inexistencia dun perfil típico entre as mulleres que sofren violencia de xénero e a invisibilidade dos agresores fronte á exposición das vítimas ante a sociedade.
Persigue que o público desenvolva unha conciencia critica e cuestione a realidade que a envolve para poder así transformala.

0.15542411804199