A obra 'Mai mai' chega a Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
26 Nov 2019

O sábado 30 o Concello de Viveiro organiza unha obra de teatro para os pequenos, Mai mai de Baobab teatro da RGTA.

O espectáculo será ás 18 horas e está dirixida ao público infantil.

Mai mai é a historia do último oso panda do planeta e a súa loita por sobrevivir, a falta de comida e os problemas ocasionados polo quentamento global fan difícil a supervivencia desta especie. Unha muller emprendedora e moi revolucionaria e un famoso fotógrafo comezan unha viaxe por separado para atopar o último Panda do planeta, toda unha aventura na que se atoparán unha chea de problemas que solventar….
Unha historia tenra e moi divertida onde se mestura o amor, a codicia, o éxito e a concienciación medioambiental.Unha historia que fala de revolución, que plasma o empoderamento da muller e nos fará meditar sobre o que estamos a facer co noso planeta.

0.15861892700195