A obra Por un puñado de grelos, estará este sábado en Pol
TerraChaXa
O vindeiro sábado 16 de outubro ás 18:00 horas no centro cultural de Mosteiro, Pol, presenta Por un puñado de Grelos de Guillermo Cancelo.
11 Out 2021
O vindeiro sábado 16 de outubro ás 18:00 horas no centro cultural de Mosteiro, Pol, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da Deputación de Lugo o Grupo de Teatro Os Trocos de Castro de Rei, presenta Por un puñado de Grelos de Guillermo Cancelo.
A acción transcorre na Terra Cha tendo como límite xeográfico o Rio Torto por unha beira e Xustas Town pola outra. Coméntase en Xustas Town, que nun lugar chamado A Escrita, por onde pasa o Río Azúmara, e que está controlado polo pobo dos Valuros, está aparecendo ouro. A Escrita é a única paraxe natural onde se dá a planta sagrada Os Grelos, e un pobo como os Valuros, respetuoso ca natureza e os seus ancestros, non consentirá unha nova invasión por parte do pobo branco.