A obra Por un puñado de grelos representarase o día 10 en Castro
TerraChaXa
Na casa da cultura de Castro de Rei, a Escola Municipal de Teatro de Castro de Rei presenta Por un puñado de Grelos de Guillermo Cancelo.
27 Mar 2022
Na casa da cultura de Castro de Rei, a Escola Municipal de Teatro de Castro de Rei presenta Por un puñado de Grelos de Guillermo Cancelo o domingo 10 de abril ás 21.00 horas.
A acción transcorre na Terra Chá tendo como límite xeográfico o Río Torto por unha beira e Xustás Town pola outra. Coméntase en Xustás Town, que nun lugar chamado A Escrita, por onde pasa o Río Azúmara, e que está controlado polo pobo dos Valuros, está aparecendo ouro. A Escrita é a única paraxe natural onde se dá a planta sagrada Os Grelos, e un pobo como os Valuros, respetuoso ca natureza e os seus ancestros, non consentirá unha nova invasión por parte do pobo branco.