A obra 'Rosalia' chega ao teatro Pastor Díaz de Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle o sábado 31 ás 18 horas a obra Rosalia de Culturactiva.
muras piscina
28 Out 2020

O teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle o sábado 31 ás 18 horas a obra Rosalia de Culturactiva.

Segundo a normativa vixente, o aforo do teatro é de 60 persoas.

Para a reserva de entradas haberá que facela en horario de luns a xoves de 9.00 a 14.00 horas, no teléfono 982 560 162 ou no correo rbg.cultura@viveiro.es.

O espectáculo trasladanos a Rosalía de Castro na súa nenez, a unha Rosalía atrevida, máxica, activa que nos amosa o porque da súa obra dun xeito realmente ameno e divertido.

María Rosalía Rita agóchase no faiado, pechando a porta tras ela, facéndose forte nese lugar máxico que ben coñece, que habitou en segredo e que está ateigado de tesouros. Hoxe mesmo veñen buscala, xa lle puxeron o seu traxe de fidalguiña e uns zapatiños que non lle acaban de acaer ben. Debe abandonar a aldea para ir vivir coa súa nai despois de anos baixo a tutela das súas tías paternas. Ao outro lado a súa boa amiga Eduarda cántalle medio tristeira medio burleira: Ritamá, Ritasá, Ritatá!

0.19023680686951