A obra teatral ‘Golpes’ chega a Roupar para concienciar sobre a desigualdade nas relacións adolescentes

TerraChaXa
O monólogo protagonizado por Estíbaliz Veiga representarase o domingo 16 de outubro ás 18.00 horas na Escola Habanera
XERMADE obra golpes
12 Nov 2025

A Escola Habanera de Roupar acollerá este domingo 16 de outubro, ás 18.00 horas, a representación da obra teatral ‘Golpes’, unha proposta interpretada por Estíbaliz Veiga baixo a dirección de Xosé Leis e coa produción de Bernardino Martínez.

O espectáculo, promovido pola Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero da Xunta de Galicia e o Concello de Xermade, aborda a vida de Pamela, unha moza que relata a súa historia persoal e reflexiona sobre o amor, os soños e as aprendizaxes dunha relación que non debería ter vivido.

‘Golpes’ é un monólogo directo e íntimo que procura sensibilizar o público, especialmente o máis novo, sobre a importancia de construír relacións igualitarias e respectuosas desde a adolescencia. A peza aposta por unha posta en escena sinxela, sen artificios, na que a actriz se transforma en varios personaxes diante do público, apoiándose unicamente no seu talento interpretativo.

A función forma parte dun programa de actividades culturais orientadas á prevención da violencia de xénero e á promoción da igualdade.

⚙ Configurar cookies
0.070285081863403