A Oficina do Censo Electoral anula 15 posibles votantes en Rábade

TerraChaXa
A Oficina do Censo Electoral (OCE) anulou 15 posibles votantes en Rábade tras a impugnación presentada polo PSOE.
19 Mar 2019

A Oficina do Censo Electoral (OCE) anulou 15 posibles votantes en Rábade tras a impugnación presentada polo PSOE. Os socialistas solicitaron esta semana a invalidación do censo para as eleccións xerais polo incremento de residentes significativo e inxustificado no último semestre de 2018.

A OCE explica na resolución que o Concello de Rábade, tras as investigacións realizadas, determinou que 15 persoas non residen no municipio ou non puideron verificar a súa residencia. Ante esta situación, a OCE decidiu retrotraer a estes cidadáns á súa anterior inscrición municipal polo que non poderán votar no Concello de Rábade.

Dende o Partido Socialista informaron que as persoas afectadas teñen a posibilidade de presentar un recurso contencioso administrativo nun prazo de 5 días.

Os socialistas valoraron positivamente o ditamen da OCE porque “asegura a integridade nas votacións para as eleccións xerais” pero lamentaron que sucedan este tipo de irregularidades que “ensucian a imaxe da política”.

0.18211388587952