A ofrenda dos Remedios estará a cargo da alcaldesa de Vilalba

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Mondoñedo ten preparadas varias actividade para as festas dos Remedios, que serán o sábado 12, domingo 13 e luns 14, e entre elas destaca a ofrenda floral que este ano estará a cargo da alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro.
11 sep 2020

Este pregón será o domingo ao mediodía na igrexa, a cal está limitada a 75 persoas, malia contará cunha pantalla xigante na Alameda para poder seguir o acto relixioso en riguroso directo.

O sábado haberá música a cargo da escola municipal e ás 18.30 horas será o esperado paseo en bicicleta con saída desde a catedral. Xa pola noite o dúo Époka actuará na avenida das San Lucas e a escola de m´sucia organizará un xantar e un concerto no auditorio Pascual Veiga.

O domingo ao mediodía será o acto relixioso e a ofrenda aos Remedios, e ás 13.30, Sons da Paula e Zafiro porán a nota musicla durante oa sesión vermú. Pola tarde a banda volverá actuar na Alameda e pola noite haberá un monólogo de David Perdomo. As entradas en ataquilla.com.

Xa o último día poderase desfrutar de pasarrúas a cargo de Souto Xímaro e ás 20.00 horas na praza do Concello será a obra Micromachista eu??.

0.2058219909668