A oitava xornada viaxeira do Xeodestino será en Outeiro de Rei o sábado
A oitava xornada viaxeira Descubrindo a Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa con Guido Guía será este sábado en Outeiro de Rei.
José Pardo (alcalde do Concello de Outeiro de Rei), Begoña Seco (concelleira de Cultura de Outeiro de Rei) Lorena López (xerente do GDR 4 e do Xeodestino Comarca de Lugo e Terras da Ulloa), e Guido Álvarez (impulsor do proxecto Guido Guía) foron os encargados de presentar esta edición, na que volverán a reunirse historia, cultura, natureza, gastronomía e música tradicional.
Este proxecto engloba a 10 concellos das comarcas de Lugo e as Terras da Ulloa (Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade) nos que nos vindeiros meses irán facéndose xornadas de presentación do que é un proxecto a longo prazo para poñer en valor as riquezas do territorio, e ao mesmo tempo promover vínculos sociais e culturais tanto de proximidade como con visitantes de máis lonxe que se animen a participar.