A organización da NorthWest Triman non celebrará máis edicións polo momento
Os organizadores da Northwest Triman anunciaron aos seus seguidores que o ano que vén non haberá edición, tras dez anos de convocatoria cunha gran aceptación.
"É momento para tomarnos un descanso, dedicarnos tempo, coidarnos e, sobre todo, coller forzas para afrontar novos retos. Non é un adios, é un ata pronto!", explican nas súas redes sociais.
Engadiron que "en ocasións é necesario deterse para seguir avanzado, e ese momento chegou para nós, é unha decisión xa tomada antes da edición 2023, e que todo o equipo coñecía. Con tristeza pero coa certeza de que estamos a facer o correcto".
Segundo lembran, foi en 2013 cando se iniciou esta proba, da man do Concello das Pontes, que quería organizar un evento deportivo que axudase a dar a coñecer e promocionar o lago.
"Nestes anos vimos nacer aos nosos fillos, vímolos crecer, graduarse e comezar os seus proxectos vitais, neste longo camiño vimos partir aos nosos seres queridos, persoas que o deron todo por nós e grazas ás que somos quen son", explicaron.
O evento arrancou baixo a organización de catro amantes do deporte, deseñado para deportistas que nacía coa única pretensión de ser un espazo de encontro, de diversión e si, tamén de sacrificio e esforzo.