A organización do festival PozoMouro anuncia o mapa con todas as zonas e actividades

TerraChaXa
A organización do festival PozoMouro vén de anunciar o mapa desta III edición dofestival para dar a coñecer a zona onde se ubica o festival, na Área Recreativa Ribas do Miño, e a distribución das diferentes actividades programadas para o sábado.
Mapa pozomouro
17 Ago 2023

A organización do festival PozoMouro vén de anunciar o mapa desta III edición dofestival para dar a coñecer a zona onde se ubica o festival, na Área Recreativa Ribas do Miño, e a distribución das diferentes actividades programadas para o sábado.

Ademais informan que haberá un aparcadoiro para coches e unha zona de acampada para furgos ou tendas de campaña que estarán debidamente indicado.

A celebración comeza con música dende media mañá e as actividades complétanse cunha romería popular na que os participantes poderán aportar o seu xantar ou mercar as racións que haberá a disposición con opcións vexetarianas e veganas.

Así antes do xantar está previsto a partir das 11.00 horas unha ruta pola natureza e un obradoiro de danza con Eva Quiroga, actos que culminarán coa regulamentaria sesóin vermú ás 13.30 horas, un oncerteo de Los Tres en un Piso.

Tamén pola mañá se abrirán os postos de artesanía, que se poderán visitar ata as 20.00 horas.

Entre os actos da tarde figura unha xincana e tres obradoiros, un deles para os máis pequenos. Xaneco Tubío terá a súa actuación musical e Trécola Produccións presentará os seus Títeres Subversivos.

Ás 20.00 horas terá lugar un recital poético con Jesús Castro Yáñez, Branca Trigo e Abraham Pérez antes de dar paso aos concertos, que arrancarán ás 21.30 horas.

Os protagonistas deste ano serán Mibuenaventura, con música de cumbia; Balklavalhau, de estilo balkan, e a música celta de Rozadura. Rematarán a noite do DJ Balskandal.

A organización lembra que haberá zona de acampada de balde para os que o desexen.

festival pozomouro
0.093803882598877