A organización do Osa do Mar de Burela comunicou a cancelación deste ano

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A organización do festival Osa do Mar de Burela comunicou a cancelación da celebración deste ano que ía facerse o 14 e 15 de agosto.
begonte_actividades
28 Xul 2020

A organización do festival Osa do Mar de Burela comunicou a cancelación da celebración deste ano que ía facerse o 14 e 15 de agosto.

"Estivemos esperando o máis posible para tomar unha decisión sobre o Osa Do Mar e esgotar as opcións pero cremos que é mellor non realizar o festival este ano", dixeron.

Así, "despois de analizalo detidamente consideramos que non seriamos capaces de facer o Osa do Mar coa súa esencia e obxectivo respectando as medidas que se recomendan", engaden.

Ademais non descartan facer algo “simbólico” esa fin de semana do 14 e 15 de agosto.

0.098234176635742