A organización espera repartir unhas 18.000 filloas o día 1 en Muimenta
A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da XXVII edición da Festa da Filloa, que se celebrará o 1 de maio no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta e que esta ano celebra o décimo aniversario da súa distinción como Festa de Interese Turístico de Galicia.
A festa arrincará a partir das 9 da mañá, cando entrarán no recinto as fiolleiras e fiolleiros xunto cos demais cociñeiros e o persoal que traballará durante a xornada, que os organizadores estiman en 200 persoas. Desde as 10.30 estarán acendidas as parrillas para proceder a elaborar o menú do día, no que o prato principal serás as filloas pero no que o churrasco adquire tamén un gran protagonismo.
As organización estima que este ano se estarán a venda entre 17.000 e 18.000 filloas ao longo da xornada, que terán un przo de 3 euros ración. Para os que queiran facer o xantar completo, a ración de churrasco, chourizo, criollo, pan, viño, auga, queimada e café terá un prezo de 10 euros por persoa.
A inauguración oficial da festa estará a cargo do coñecido chef lucense Héctor López, que lerá o pregón ás 13.30 horas do martes.
Como novidade, a festa recupera como actividades complementarias a exposición de cans de caza, o propio sábado, no recinto feiral, incluído unha exhibición de agility esa mesma tarde e, xa o venres día 11, a Casa da Cultura de Muimenta, acollerá tamén o monólogo de Luís Iglesia, a partir das 22 horas, baixo o título Un pouco de tolo.
No apartado musical actuará o grupo de alumnas do Curso de Pandereta organizado no colexio público de Muimenta, o grupo de gaitas Raíces do campo e Javier de Guitiriz. Pola tarde haberá tamén xogos tradicionais e se entregarán os premios do certame escolar de debuxo e relato convocado para esta ocasión. Durante todo o día haberá tamén unha exposición de artesaní e produtos de calidade.
No acto de presentación deste evento, que ten un orzamento de 25.00 euros, participaron o delegado territorial, José Manuel Balseiro; o alcalde de Cospeito, Armando Castosa; José Manuel Rus, xerente da Moexmu, e varios representantes da comisión organizadora co seu presidente, Celestino Méndez, á cabeza.