A Orquestra Infantil da OSG ofrece este sábado un concerto nas Pontes
TerraChaXa
O Auditorio Cine Alovi das Pontes acolle este sábado, 17 de xuño, un concerto da orquestra infantil da Orquestra Sinfónica de Galicia.
14 Xuño 2023
O Auditorio municipal Cine Alovi das Pontes acolle este sábado, 17 de xuño, un concerto da orquestra infantil da Orquestra Sinfónica de Galicia.
A sesión terá lugar ás 18.00 horas con entrada gratuíta, aínda que haberá que sacar entrada a través da taquilla on line, xa dispoñibles, e no auditorio a partir das 17.00 horas.
Actuará por unha banda o grupo Pizzicato, dirixido por Enrique Iglesias, que interpretarán Suite de danzas francesas de G.P.Telemann e Danzas y canciones noruegas de E.Grieg.
Tamén o Grupo Arcos, dirixidos por Jorge Montes interpretará outras pezas, comezando por unha selección de West Side Story, de L. Bernstein ademais das de George Gershwin e Ernani Aguiar.