A PAC continuará dous anos máis

TerraChaXa | AMariñaXa
A PAC continuará dous anos máis. A organización agraria UPA cualificou como “moi esperada” esta noticia
6 Dec 2020

A Comisión de Agricultura do Parlamento Europeo deu luz verde á aprobación dos regulamentos transitorios que garantirán a continuidade da PAC e a recepción dos fondos agrícolas europeos para os anos 2021 e 2022. A organización agraria UPA cualificou como “moi esperada” esta noticia, que achega tranquilidade ao campo español nun contexto moi complicado.

Na práctica, esta decisión –que aínda debe ser ratificada polo Pleno da Eurocámara o próximo 14 de decembro- supón que os agricultores e gandeiros de España continuarán recibindo sen ningunha perturbación as axudas da PAC dos anos 2021 e 2022. A nova PAC, pola súa banda, entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2023, con dous anos de atraso.

A aprobación destes regulamentos de transición incorpora xa os fondos do Plan de Recuperación destinados ao desenvolvemento rural. Dos que a España corresponderanlle aproximadamente 726 millóns de euros nos próximos dous anos.
Ferramentas para que os Estados apoien aos agricultores

UPA pediu ao Ministerio de Agricultura que faga uso dunha das medidas que acaban de articularse, a que permitirá destinar compensacións a perdas causadas por eventos climáticos, ou brotes de enfermidades de carácter animal e vexetal, incluíndo as pragas.

Tamén se manterán os pagos regresivos para as medidas destinadas ás zonas con limitacións naturais e redúcese o limiar de desencadeamento para activar as medidas de xestión de risco pasando do 30% ao 20%.

Así mesmo, auméntase ata un 5% a porcentaxe dispoñible para a asistencia técnica procedente dos fondos do FEADER, mentres que se amplía a seis meses o período habilitado para resolver as solicitudes de apoio temporal das medidas de desenvolvemento rural solicitadas como consecuencia de crise da COVID-19.

Os fondos asignados virán determinados finalmente polo resultado do que xurda coa aprobación do novo Marco Financeiro Plurianual 2021-27 que será presumiblemente aprobado durante o Cume de Xefes de Estado e de Goberno dos días 10 e 11 de decembro.

0.18779301643372