A parroquia begontina de Carral está de festa

TerraChaXa
A parroquia de Carral, en Begonte, celebra esat fin de semana as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme.
19 Xul 2019

A parroquia de Carral, en Begonte, celebra esat fin de semana as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme.

A celebración dará comezo na mañá do sábado co oficio relixioso, que terá lugar ás 13.00 horas, seguido da sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate, a mesma que fará a verbena pola noite.

O domingo, día grande, comezará a xornada con pasarrúas amenizado polp grupo Aires do Ladra. A continuación, sobre as 13.00 horas, haberá misa solemne cantadaa e procesión. A sesión vermú estará amenizada polo grupo Os Valuros.

Tamén haberá partido de fútbol.

0.16244888305664