A parroquia de Altide de Begonte estará de celebración a próxima fin de semana
TerraChaXa
A parroquia de Altide no Concello de Begonte estará de celebración os días 2, 3 e 4 de agosto, para honrar a virxe de Luján.
28 Xul 2019
A parroquia de Altide no Concello de Begonte estará de celebración os días 2, 3 e 4 de agosto, para honrar a virxe de Luján.
As celebracións darán comezo o venres 2 cunha gran churrascada popular amenizada polo trío Merengue.
Xa o sábado 3, a actividade comezará coa misa ás 13:30 horas, para dar paso despois a sesión vermú a cargo do grupo Boomerang, que serán os encargados de amenizar a verbena da noite.
O domingo 4 tamén haberá tempo para o oficio relixioso que será ás 13:30 horas. Máis tarde comezará a sesión vermú amenizada pola orquestra Venecia, que voltará a estar a cargo da verbena da noite.