A parroquia de Árbol celebrará un xantar polo San Xoán

TerraChaXa
A parroquia vilalbesa de Árbol continúa preparando o ano de festexos coa celebración do xantar popular polo San Xoán.
cartel_sanxoan18_portada
21 Jun 2018

A parroquia vilalbesa de Árbol continúa preparando o ano de festexos coa celebración do xantar popular polo San Xoán. A cita, que vai pola décimo segunda edición, esperase que xunte o 23 de xuño a máis de 250 persoas no campo da festa.

Os actos comezarán ás 13:30h coa misa na igrexa parroquial impartida polo párroco don José Gallego Vila. A continuación, a procesión estará amenizada por Cerna de Árbol, tal e como aconteceu no mes de marzo pola festividade do San Xosé. Actuarán tamén nos primeiros momentos dunha sesión vermú que contará con D´Nika Music, un trío musical procedente da parroquia de Bonxe (Outeiro de Rei).

Máis tarde haberá xantar popular para todos aqueles que previamente retiraran as súas entradas. A comida ten un coste de 24 euros e consta dun menú de xamón, polbo, churrasco, bebida, postre e café. A data límite para anotarse é o 17 de xuño poñéndose en contacto con calquera membro da comisión.

Durante a tarde a organización está traballando no desenvolvemento de xogos tradicionais para todos os públicos, ademais de realizar, como de costume, o campionato de tute. Haberá máis sorpresas ao longo de toda a xornada e pecharase o día coa verbena a cargo de D´Nika Music.

É o segundo festexo dun 2018 cargado de troula en Árbol, despois de que no mes de marzo se celebrara o San Xosé. En pleno verán, chegará a festa do patrón. A segunda fin de semana de agosto Árbol vivirá os seus días grandes coa festa na honra a San Lorenzo. En breves, a comisión anunciará as actuacións musicais que lle porán voz á celebración máis agardada da parroquia.

cartel_sanxoan18
0.16679620742798