A parroquia de Carballo, en Friol, prepara a súa tradicional Rapa das Bestas

TerraChaXa
A comunidade do monte veciñal de Carballo convida a todo o mundo a participar e gozar da súa tradicional Rapa das Bestas, que se celebrará o 28 de xullo.
Captura de pantalla 2019 07 09 a las 12.55.04
26 Xul 2019

A comunidade do monte veciñal de Carballo convida a todo o mundo a participar e gozar da súa tradicional Rapa das Bestas, que se celebrará o 28 de xullo.

Este ano cúmprense once desta festa, unha actividade que forma parte dun proxecto que naceu co orgullo de colaborar na recuperación do Cabalo Pura Raza Galega. A organización quere agradecer o esforzo de todos os voluntarios e colaboradores que dalgún xeito axudaronnas anteriores edicións; e fan unha mención especial a aquelas persoas que traballaron con anhelo e contribuíron a poder celebrar a décima edición da Rapa do Carballo.

Comezará a xornada coa subida das bestas ao curro, ás 9.00 horas. Para elo, xente a pé, cabaleiros e amazonas saíran na súa búsqueda polo monte, para posteriormente conducilas ao curro. Separando os poldros, dará comezo o gran espectáculo da pelexa corpo a corpo entre aloitadores e bestas, na que prima o bo trato aos animais e na que se aproveita a ocasión para realizar os axeitados tratamentos sanitarios. Será esta sobre as 12.00 horas para sobre as 13.30 realizar o recoñecemento aos aloitadores e cabaleiros que participaron.

Non faltará o tradicional xantar no que habera servizo de bar e carpa cun menú de 20 euros con polbo, churrasco, sobremesa, viño e café.

Xa pola tarde ás 16:30 comezarán as emocionantes carreiras de galope, a intrépida xincana e a beleza técnica das carreiras de andadura que darán fin a xornada.

66159116_10214630354934430_5941216346317520896_o
0.19216299057007