A parroquia de Galegos, en Riotorto, organiza o I Maratón de Tute

TerraChaXa | AMariñaXa
A clasificación principal repartirá premios de 900, 500 e 200 puntos ás tres primeiras parellas
baralla-cartas-tute
6 May 2025

A parroquia de Galegos, en Riotorto, celebrará o vindeiro 11 de maio o seu I Maratón de Tute, unha iniciativa organizada pola Asociación Parroquia de Galegos que terá lugar na Escola de Galegos a partir das 11:00 horas. O evento está dirixido a todos os amantes deste tradicional xogo de cartas e contará cunha xornada chea de competición, premios e convivencia.

As parellas interesadas en participar deberán aboar unha inscrición de 100 puntos, podendo anotarse ata o 9 de maio. Para formalizar a inscrición, a organización habilitou os teléfonos de contacto de Rosendo (680 216 563), Salva (610 688 723) e Paqui (696 281 282).

Os premios desta primeira edición están calculados para un máximo de 32 parellas participantes. No caso de non acadar ese número, os galardóns reduciranse de maneira proporcional. A clasificación principal repartirá premios de 900, 500 e 200 puntos ás tres primeiras parellas, mentres que na repesca outorgaranse 300 e 200 puntos, así como dúas caixas de viño ao terceiro posto.

Ademais, ao mediodía ofrecerase unha comida para os asistentes con pinchos, auga e viño, nun ambiente festivo pensado para gozar dunha xornada de entretemento, encontro e tradición. Esta actividade busca dinamizar a vida social da parroquia e poñer en valor os xogos populares galegos como parte do seu patrimonio cultural.

⚙ Configurar cookies
0.19166111946106