A parroquia de Orrea celebra as súas patronais

TerraChaXa
A parroquia de Orrea, en Riotorto, celebra a primeira fin de semana de agosto as súas festas patronais na honra de Santa Comba e San Antón.
30 Jul 2018

A parroquia de Orrea, en Riotorto, celebra a primeira fin de semana de agosto as súas festas patronais na honra de Santa Comba e San Antón.

A celebración dará comezo o venres 3 de agosto cunha churrascada amenizada polo dúo Muralla e con sorteo de varios produtos, que terá lugar ás 22.00 horas. Os interesados en participar poderán recoller os seus tickets na Taberna de Motse.

O sábado, a programación dará comezo cunha misa solemne a partir das 13.30 horas á que seguirá a sesión vermú coa orquestra Dinastía. Pola noite, a verbena estará a cargo desta mesma orquestra e do dúo Areal.

Tamén o sábado haberá tempo para o deporte cun torneo de bolos celtas a partir das 18.30 horas no que participará o equipo local.

O domingo tamén haberá misa solemne ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú a cargo da Banda de Gaitas e Percusión Cántigas e Frores dentro do programa Musiqueando. Pola tarde repetirase o torneo de bolos.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17035293579102