A parroquia de Ramil, de Castro de Rei, festexará as patronais esta fin de semana
LugoXa | TerraChaXa
O venres 9 as festas comezarán ás 22.00 horas cunha gran churrascada popular
Cartel
5 Ago 2024
A parroquia de Ramil, pertencente ao Concello de Castro de Rei, acollerá as festas patronais na honra a Santa Mariña a vindeira fin de semana do 9, 10 e 11 de agosto.
O venres 9 as festas comezarán ás 22.00 horas cunha gran churrascada popular que estará amenizada por La Noche, de O Grove.
A xornada do sábado 10, ás 13.30 horas oficiarase a misa solemne seguida de procesión. Ao finalizar o acto litúrxico, terá lugar a sesión vermú a cargo do grupo Fuxsion Latina, formación que tamén amenizará a verbena da noite xunto a Pili Pampín.
A última xornada festiva comezará ás 14.00 horas coa celebración da misa solemne con procesión con gaitas seguida da sesión vermú a cargo do dúo Venus.