A parroquia de Reigosa na Pastoriza acolle un curso de elaboración de conservas
TerraChaXa
O Concello da Pastoriza continúa coas súas actividades nas parroquias coa posta en marcha dun curso de conservas o sábado 18 de febreiro.
14 Feb 2023
O Concello da Pastoriza continúa coas súas actividades nas parroquias coa posta en marcha dun curso de elaboración de conservas que se desenvolverá o sábado 18 de febreiro en Reigosa.
A formación terá un horario entre as 10.00 e as 14.00 horas e se desenvolverá na casa sociocultural da parroquia.
As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse cos membros da asociación de veciños.
Están dispostas 15 prazas que se cubrirán por orde de matriculación, que será de balde.