A parroquia de Roás, en Cospeito, está de festa esta fin de semana

TerraChaXa
O grupo Punto Clave, en dobre sesión e a Puro Relajo, pola noite, serán os encargados de amenizar musicalmente a xornada do sábado
festas-roas
27 Sep 2025

A parroquia cospeitense de Roás celebra as súas patronais na honra a San Miguel esta fin de semana.

O grupo Punto Clave, en dobre sesión, e a Puro Relajo, pola noite, serán os encargados de amenizar musicalmente a xornada do sábado.

O domingo só haberá sesión vermú prolongada e estará a cargo do grupo La NOria.

Haberá oficio relixioso nas dúas xornadas ás 13.30 horas.

Ademais, o día 4 de outubro haberá un xantar veciñal que estará precedido pola misa ás 14.00 horas e a sesión vermú con Charanga 555.

Tamén haberá sesión de tarde noite co mesmo grupo e Belehn Arencibia. Repartiranse petiscos e sobras na cea.

⚙ Configurar cookies
0.085541009902954