A parroquia de Roás, en Cospeito, está de festa

TerraChaXa
O grupo Eureka, en dobre sesión e a Galilea, pola noite, serán os encargados de amenizar musicalmente a xornada do sábado
festas-patronais
25 sep 2024

A parroquia cospeitense de Roás celebra as súas patronais na honra a San Miguel esta fin de semana.

O grupo Eureka, en dobre sesión e a Galilea, pola noite, serán os encargados de amenizar musicalmente a xornada do sábado.

O domingo só haberá sesión vermú e estará a cargo do grupo Alaska.

Haberá oficio relixioso nas dúas xornadas. O sábado ás 13.30 e o domingo, ás 14.00 horas.

Ademais, o día 5 de outubro haberá un xantar veciñal que estará precedido pola misa ás 14.00 horas e a sesión vermú co dúo Zafiro.

Tamén haberá sesión de tarde noite co mesmo dúo e Belehn Arencibia. Repartiranse petiscos e sobras na cea.

0.14921092987061