A parroquia de Robra celebra as súas festas patronais
A parroquia de Robra, en Outeiro de Rei, celebrará entre o 20 e o 22 de abril as súas festas patronais, que coinciden coa Semana Santa. e que se fan na honra da Virxe das Dores e Xesús de Nazaret.
As festas darán comezo o sábado 20 coa sesión vermú, a partires da 13.00 horas qu estará cargo que D'Nica. Pola noite, a verbena contará coa orquestra Tango e o grupo La Misión, distinguida como orquestra revelación nacional do 2018.
O domingo haberá antes da sesión vermú misa solemne ás 13.30 horas. A música estará a cargo da orquestra Panamá. Este mesmo conxunto animará a sesión verbena, acompañada da orquestra Metrópolis.
Os festexos rematarán o luns 22 tamén con misa solemne ás 13.00 horas seguida da sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Metrópolis.
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa para paliar as inclemencias do tempo.