A parroquia de San Miguel de Reinante celebra a feira de San Rosendo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
10 Feb 2020

A parroquia de San Miguel de Reinante, en Barreiros, celebra a feira de San Rosendo o 29 de febreiro e 1 de marzo.

Celébrase unha misa en honra a San Rosendo ás 13 horas e ao finalizar hai unha sesión vermú co grupo La Favorita e a sección infantil do Arco da Vella.

Xa pola tarde, haberá unha actuación dirixida ao público infantil e pola noite a verbena a partir das 22 horas coas orquestras La Favorita e os Satélites.

O domingo 1 de marzo será a exposición de gando e o mercadillo tradicional, ademais da misa ás 13 horas e a actuación do grupo de música tradicional Os Melidaos.

Ambos días haberá polbo a cargo de A Rochela.

0.16479206085205