A parroquia de San Román de Vilaestrofe, en Cervo, celebra as súas festas

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
10 Out 2019

A parroquia de San Román de Vilaestrofe, en Cervo, celebra esta vindeira fin de semana as festas na honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carme.

A xornada festiva comezará o día 11 ás 22.30 horas coa gran verbena a cargo da orquestra Xacobeo.

O sábado 12 ás 12.00 horas haberá misa solemnes, cantada polo coro parroquial de Cervo. A continuación, será a sesión vermú no pavillón de deportes a cargo da orquestra Compostela, que xunta coa orquestra Aramio serán as encargadas de amenizar a verbena da noite.

O día 13 ás 13.00 horas volverán os oficios relixiosos e a sesión vermú que estará a cargo do dúo Epo-k.

0.17817521095276