A parroquia de Vilamartin Pequeno de Barreiros estará de festa o 7 e 8 de xuño
TerraChaXa | AMariñaXa
A parroquia de Vilamartin Pequeno de Barreiros está de festa o 7 e 8 de xuño coas Festas na honra a San Xoán Degolado.
31 Maio 2019
A parroquia de Vilamartin Pequeno de Barreiros está de festa o 7 e 8 de xuño coas Festas na honra a San Xoán Degolado.
O 7 de xuño haberá unha gran polbeirada e unha gran verbena coa orquestra Palladium.
Xa o día 8 ás 13:15 horas será a misa e a procesión, e despois haberá sesión vermú a cargo do grupo Fussion. Pola noite será a quenda da verbena con Gran Parada e Fussion.
E para rematar a festa haberá unha gran queimada con conxuro e druidas.